'O xogo da lura', en Vigo: unha empresa recrea as probas da éxitosa serie
O obxectivo é divertirse e levar o premio de 1.000 euros
Unha empresa recrea en Vigo as probas da éxitosa serie, 'O xogo da lura'. Realizan os mesmos xogos que a famosa serie surcoreana, pero nestas instalacións do monte Alba, ao aire libre e en plena natureza, está prohibido pasalo mal.
En familia, con amigos ou en parella. Por aquí pasaron as 400 persoas que se inscribiron neste xogo que superou todas as expectativas de participación incluso de fóra de Galicia. Só 24 pasaron a gran final que se celebrou este domingo.
Aquí as regras están claras, e as únicas armas que atopamos disparan pelotas con pintura e só se utilizan durante a proba do zapatiño inglés.
Recrear ese ambiente da serie foi outra das peculiaridades deste xogo da lura. Personaxes, vestimentas e bonecas que buscan intimidar dun xeito real. O gañador é este vigués que logrou acadar os 1.000 euros de premio.
Quedaron contentos tanto os participantes como os organizadores. Tanto, que xa están pensando nunha nova edición cando saía a segunda tempada da serie surcoreana.