Cargando resultados...
Xogos e actividades de educación viaria na escola
Xogos e actividades de educación viaria na escola
Un programa de educación viaria que trae ás aulas dende pequenos pasos de peóns ou semáforos ata cidades en miniatura
G24.gal
23/02/2023 13:57
Aprender as normas de seguridade viaria desde pequenos é o mellor xeito de ser bos peóns e condutores de maiores. Por iso escolares de Ourense participan estes días na 'autoescola para peques', unha actividade itinerante en que aprenden a comportarse nas rúas.
Camiñar pola cidade respectando os sinais e as normas de tráfico. Niso consiste a clase de hoxe para os máis pequenos. Un programa de educación viaria que trae ás aulas dende pequenos pasos de peóns ou semáforos ata cidades en miniatura ou mesmo personaxes animados. Aprenden xogando a importancia de respectar as normas para previr posibles accidentes nas rúas.