Publicador de contidos
Publicador de contidos

Xornada de portas abertas no patrulleiro Tabarca

Xornada de portas abertas no patrulleiro Tabarca

 

O patrulleiro da Armada permanecerá todo o día atracado no porto de Muros

Permiten as visitas para dar a coñecer a súa misión e como é a vida a bordo

Buque patrulleiro Tabarca fai escala no porto de Muros
G24.gal 15/02/2024 14:45

É un buque da Armada e leva en activo máis de 40 anos. O patrulleiro Tabarca fixo hoxe escala en Muros para dar a coñecer o seu labor, que é sobre todo de vixilancia.

"A vixilancia e o control dos espazos marítimos de soberanía nacional, centrado máis ou menos dende a fronteira con Portugal ata a fronteira con Francia, pero secundariamente como estamos na Escola Naval atracados pois sempre que hai oportunidade, embárcanse alumnos e contribúe á súa formación", informa Juan González-Aller Cornado, comandante do Tabarca. 

O barco, que mide 44 metros de eslora, navega cunha dotación de 27 persoas. Ver como son os espazos que comparten no seu día a día é posible grazas estas xornadas de portas abertas.

"A habitabilidade non é a máis cómoda, non é coma noutros buques máis modernos que hai, pero o que si que podo dicir é que hai moi bo ambiente a bordo, a xente lévase moi ben", continúa.

E se alguén se marea sempre pode encomendarse á Virxe do Carme.

"Dá a casualidade que xustamente esta zona é onde menos se move o barco entón a xente cando está así un pouco mareada, adoita vir aquí, séntase para buscar un pouco esa estabilidade e coincide de maneira anecdótica que está aquí coa nosa patroa", apunta Roberto Paniagua, tenente de navío 

Este buque ademais de vixilancia tamén fai labores de apoio no mar.

"Creo que a maioría da xente non sabe iso, entón é importante que estean nos portos e que nos expliquen o seu labor para que a xente coñeza iso e que poidan botar man del cando lle fai falla", explica José Antonio Rama, secretario da confraría de pescadores de Muros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade