Publicador de contidos
Publicador de contidos

Xornada de reflexión en Euskadi ante unhas eleccións que podería gañar EH Bildu

Xornada de reflexión en Euskadi ante unhas eleccións que podería gañar EH Bildu

Os candidatos vascos pasan o día no monte ou na praia, cociñando ou no mercado

12.500 persoas forman parte do operativo especial da xornada electoral

Josu Erkoreka, conselleiro de interior do Goberno vasco
G24.gal 20/04/2024 14:51 Última actualización 20/04/2024 21:13

Euskadi vive hoxe a xornada de reflexión previa ás eleccións de mañá, as máis disputadas das últimas décadas polo ascenso de EH Bildu. Case un millón oitocentos mil vascos están convocados ás urnas.

Os candidatos aproveitaron esta xornada de reflexión para dar paseos polo monte, mercar na praza de abastos, cociñar para os voluntarios da campaña, cantar no coro de Durango ou pasear pola praia de Sopelana.

O conselleiro de interior do Goberno vasco dixo que este domingo é una xornada importante para Euskadi e animou aos vascos á participar, con previsión meteorolóxica incluída. "Mañá esperamos unha xornada con tempo estable e tranquilo en Euskadi, haberá nubes e claros, pero non se espera chuvia", explicou.

Máis de 12.500 persoas participan no dispositivo especial destas eleccións vascas nas que case un millón oitocentos mil cidadáns teñen dereito a voto. 75.000 mozos poderán votar por primeira vez.

Josu Erkoreka destacou o importante aumento do voto por correo, con máis de 57.000 solicitudes. Tamén mencionou o voto dos residentes ausentes, o CERA, que hai catro anos apenas superou o 3 % e que pode ser determinante nunhas eleccións que, segundo as sondaxes, podería gañar EH Bildu por primeira vez na historia, derrotando a un PNV que nunca perdeu.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade