Publicador de contidos
Publicador de contidos

A calor pode reducir ata nun 25% a cantidade de leite que dá unha vaca

A calor pode reducir ata nun 25% a cantidade de leite que dá unha vaca

As granxas galegas deberán adaptarse a un aumento das temperaturas

Cambio climático, novas tecnoloxías e pegada de carbono centran as xornadas do futuro do sector leiteiro galego

G24.gal 14/06/2022 19:09 Última actualización 14/06/2022 19:29

A tensión por calor é a principal causa de baixada de produción de leite no mundo e pode reducir ata nun 25% a cantidade por vaca. Galicia non escapa a este efecto do cambio climático, como demostra a vaga de calor destes días. Por iso, é preciso preparar as granxas para combater a imparable suba das temperaturas.

Outro reto que afrontan as granxas ante o seu aumento de volume e a falta de man de obra é o da implantación de novas tecnoloxías que permiten unha xestión máis eficiente ante a imposibilidade de controlar de xeito manual cada vaca e a crecente necesidade de datos sobre os animais.

Nas xornadas tamén se abordou a pegada de carbono que deixa a actividade gandeira. Reducila non é só unha cuestión medioambiental senón que tamén vai redundar nunha maior rendibilidade das granxas.

En Galicia hai 329.000 vacas leiteiras que producen 3 millóns de toneladas anuais polo que perfeccionar o seu manexo é unha obriga para o sector. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade