Xornadas sobre o acoso escolar

Os expertos afirman que hai que visibiliar o problema como paso previo para erradicalo

G24.gal 14/11/2023 21:20 Última actualización 14/11/2023 21:40

Estudantes e familias participan nunhas xornadas sobre acoso escolar que se celebraron na Coruña.

O problema do bulling centrou a conferencia dispensada por Carmen Cabestany, presidenta da asociación Non ao Acoso Escolar, NACE. A docente e investigadora sinalou que é fundamental a visualización do acoso escolar como paso previo para erradicalo.

"O gran problema é que o acoso escolar non se fala nos colexios, está mal visto. É un tabú e, como todos sabemos, non se pode erradicar un problema que non teñamos recoñecido previamente", afirma Carmen Cabestany.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade