Publicador de contidos
Publicador de contidos

Xubílase a derradeira artesá cacharreira da olería de Bonxe

Xubílase a derradeira artesá cacharreira da olería de Bonxe

Pepa Lombao deixa o obradoiro logo de 25 anos modelando a lama

Confía en que alguén continúe con esta tradición ancestral

 

G24.gal 07/03/2024 19:35 Última actualización 07/03/2024 20:45

Pepa Lombao fai un repaso das obras que creou nos últimos 24 anos, os que dedicou á olería de Bonxe. Esta cacharreira é a última dun gremio que durante séculos converteu en arte e en útiles a lama desa parroquia de Outeiro de Rei. Un oficio moi duro pero que, asegura, enche de satisfacción a quen o practica.

"Non é don. É equilibrio. Se sabes tirar do barro con equilibrio e sen rompelo, xa o tes", explica Pepa Lombao.

Se hai 60 anos a meirande parte dos veciños de Bonxe eran cacharreiros, o plástico e a vida moderna foron levando o oficio cara á artesanía. Un oficio que podería desaparecer se non hai quen colla o relevo de Pepa. Ela amosa certa esperanza.

"Eu penso que non vou ser a derradeira. Hai unha rapaciña e isto é perpetuar unha entidade na olería", asegura a cacharreira.

Pepa leva tempo sen traballar por problemas de saúde e nun mes vaise xubilar. Se non hai relevo, deixará de rolar para sempre o torno que ela e o seu pai mantiveron dende hai décadas. Un olería cunhas características moi propias.

"Está feito á man. Cada un ten a súa maneira, e iso fala de cada cacharreiro", conta Pepa.

Se desaparece a de Bonxe, tan só quedarán en Galicia as olerías de Buño, Gundivós e Niñodaguia. Permanecerá, eso si, o museo que Pepa creou nestes anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade