Publicador de contidos
Publicador de contidos

O veciño de Vigo acusado de matar a muller en Tenerife di que era el o maltratado

O veciño de Vigo acusado de matar a muller en Tenerife di que era el o maltratado

Está acusado de matar a súa muller a coiteladas, pero el nega os feitos

As fillas refírense a el como "un aunténtico monstruo" e un "maltratador habitual"

O acusado na primeira xornada do xuízo
G24.gal 09/05/2023 16:26 Última actualización 09/05/2023 18:06

En Tenerife xulgan un veciño de Vigo de 84 anos. Ángel Martínez senta no banco por asasinato con aleivosía. A Fiscalía pide para el 22 anos de cadea. Está acusado de asestarlle 18 puñaladas no pescozo, tórax e abdome á súa muller, Clotilde Rodríguez, de 82 anos. 

Ángel Martínez tentou desvincularse do crime. Negou que quixese matala e só recoñeceu unha puñalada durante unha discusión, a pouca profundidade, dixo, e fortuíta. Do resto das feridas mantivo non saber nada e mesmo apuntou os sanitarios e policías, que chegaron á vivenda alertados polos berros da falecida. Da relación matrimonial relatou numerosos conflitos. E na súa versión, el era o maltratado.

"Cando discutiamos, ela quería que a vila o soubese. Eu dicíalle: 'Cala a boca, baixa un pouco a voz, que te están escoitando os veciños'". "Dúas veces na vida durante os cincuenta anos de guerra campal eu pegueille dúas bofetadas", dixo Ángel Martínez, acusado de matar a súa muller.

O fiscal sostén que "desprezaba e sometía a violencia física e psíquica a súa muller". E os peritos consideran que o acusado é plenamente consciente do que fixo. Ademais da cadea, pídenlle indemnizar con 100.000 euros a cada unha das dúas fillas que tiñan en común.

Os feitos causaran unha gran conmoción en Vigo, onde a vítima, unha pescantina xubilada do Berbés, era moi coñecida.

"Maltratador habitual" e "auténtico monstruo"

As dúas fillas do home referíronse ao seu pai durante o xuízo na Audiencia provincial de Santa Cruz de Tenerife como un "maltratador habitual" e un "auténtico monstro". A filla menor hai anos que non ten relación co acusado, porque "sempre nos deu mala vida, sempre nos maltratou", dixo, aínda que seguía mantendo contacto coa nai á que sempre tentaba convencer para que se separase. Asegurou que lle pegaba á esposa con obxectos contundentes por calquera motivo e tamén que a encerraba no baño ou pechaba a cociña para que non puidese comer.

A declaración da filla maior foi no mesmo sentido, coa variación de que deixou de falarlle á súa nai durante 21 anos porque non entendía que estivese a soportar esta situación. Non foi ata poucos meses antes da súa morte que renovou a relación, no que tivo que ver o tratamento psicolóxico que aínda recibe. Indicou que as patadas, berros e golpes eran constantes ata o punto de que os veciños ou as fillas que tiñan que chamar todos os días á Policía, pero a nai nunca quixo denunciar e os axentes tampouco podían facer nada porque non podían entrar na vivenda.

É un machista, un ser despreciable, un auténtico monstro, un misóxino. Ela tiña que facelo todo na casa e se a roupa non estaba como lle gustase pegáballe porque ela estaba para servilo”, dicía. O peor episodio que lembra é ver á súa nai "embarazada de oito meses encollida mentres el lle pegaba patadas e arrastrábaa escaleiras abaixo".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade