Publicador de contidos
Publicador de contidos

Xulgan unha traballadora dunha residencia de maiores da Coruña por roubarlles xoias ás persoas que coidaba

Xulgan unha traballadora dunha residencia de maiores da Coruña por roubarlles xoias ás persoas que coidaba

Era unha das máis queridas polos propios usuarios

G24.gal 09/06/2022 14:02

A empregada acusada de roubarlles as xoias a persoas maiores que coidaba levaba traballando na residencia Domus Vi do barrio coruñés de Matogrande máis dun ano e amais era unha das máis queridas polos propios usuarios. Así que, aproveitando a súa posición de confianza apoderouse dos seus obxectos de valor.

A Policía Nacional logrou prendela cando se ía desfacer do seu último botín nun local de compravenda de ouro no que xa vendera outros obxectos de valor. As vítimas e os seus familiares non eran conscientes dos roubos. En canto foi descuberta, a traballadora foi despedida de inmediato.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade