A autora de varios furtos na Estrada intenta identificarse cun pasaporte falso
A autora de varios furtos na Estrada intenta identificarse cun pasaporte falso
Perpetrou furtos en varios establecementos da vila
A muller reside na localidade, pero no momento da identificación presentou un documento estadounidense falso
Localizan a autora de varios furtos perpetrados nestes últimos días na Estrada. Deron con ela a Garda Civil e a Policía Local da desta localidade. A muller, de 54 anos, identificouse ante os axentes cun pasaporte estadounidense falso, polo que podería ter que facerlle fronte tamén a un delito de falsificación de documento oficial.
Todo comezou nunha tenda situada nunha rúa céntrica e concorrida da localidade da Estrada. Ao revisar a cámara de seguridade, o propietario identificou a presunta autora do furto e presentou unha denuncia.
A sorpresa chegou este mércores, día de mercado na vila, cando volveu topar con ela.
A Garda Civil puido descubrir a súa identidade. Trátase dunha muller de 54 anos e residente no mesmo concello. E non era a primeira vez que actuaba.
E noutros establecementos tentou facer o mesmo, sen conseguilo. Como nunha zapatería na que as propias empregadas o evitaron.
Con todo, a muller podería enfrontarse a un delito máis grave pois no momento da identificación presentou un pasaporte estadounidense falso.
O valor do subtraído non é elevado. De aí que, para que non pasen desapercibidos, a Policía Local pida que os comerciantes da zona denuncien no caso de que foran vítimas de roubos.