Publicador de contidos
Publicador de contidos

Xunta e Goberno central colaboran na loita contra os incendios con 7000 efectivos este verán

Xunta e Goberno central colaboran na loita contra os incendios con 7000 efectivos este verán

Apelan á colaboración cidadá para que chame ao 085 ao menor indicio de lume

G24.gal 19/06/2024 20:47 Última actualización 19/06/2024 20:59

O comité encargado de coordinar as actuacións entre a Xunta e o Goberno central en materia de prevención e extinción de incendios forestais reuniuse para ultimar o dispositivo deste verán. A temporada de alto risco xa está aí e tamén os 7.000 efectivos que tratarán de minimizar o seu impacto entre o 1 de xullo e o 30 de setembro.

"Na loita contra o lume non debe de haber ningunha dúbida, temos que estar todos a unha intentando que os seus efectos sexan os menos posibles", asegurou a conselleira de Medio Rural María José Gómez.

"Aínda que a competencia en materia de extinción de incendios forestais é da Xunta de Galicia, é un problema de todos. Polo tanto, aquí van ter o Goberno de España absolutamente entregado cada vez que se precise", dixo o Delegado do Goberno en Galicia Pedro Blanco.

A Xunta conta con 3.000 efectivos propios, parte deles traballan todo o ano tamén en tarefas de prevencións. O Goberno central achega durante a temporada de verán outros 4.000, entre militares da UME, forzas de seguridade e bombeiros forestais. A eles súmanse os medios aéreos das dúas administracións. Tamén están os milleiros de  voluntarios e os bombeiros dos parques municipais e dos consorcios. Pero na Xunta apelan ademais á colaboración cidadá para que se chame ao 085 ao primeiro indicio dun incendio forestal.

"Cada vez que un cidadán atopa un incendio ou ve un perigo a verdade é que están a funcionar e son parte fundamental para poder atacar os incendios no minuto cero e poder atallalo antes de que se converta nun problema maior", apuntaba o conselleiro da Presidencia Diego Calvo.

Confían en que a colaboración cidadá e o dispositivo contra incendios manteña a tendencia á baixa en hectáreas queimadas rexistrada o ano pasado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade