Xuntanza Feijóo-Maroto, co foco posto no prezo da enerxía e no desabastecemento
Xuntanza Feijóo-Maroto, co foco posto no prezo da enerxía e no desabastecemento
Vanse reunir este luns en Madrid e tratarán tamén a crise de Alcoa e de Vestas
O incremento do prezo da enerxía para industrias e particulares será un dos temas que van tratar este luns nunha reunión o presidente da Xunta, Núñez Feijóo, e a ministra de Industria, Reyes Maroto.
A xuntanza terá lugar no Ministerio e nela analizarán outros temas como a crise no desabastecemento de diversos produtos. Un dos referentes do encontro entre Feijóo e Maroto será o problema das industrias electrointensivas en xeral, así como a situación particular de Alcoa e Vestas, dúas empresas capitais para A Mariña.
Como preludio a esta xuntanza, Núñez Feijóo envioulle esta semana unha carta a Pedro Sánchez, na que sinala que se debería aprazar o incremento da presión fiscal ou a "modificación da reforma laboral" para non "agravar aínda máis" unha situación marcada pola alza de prezos.