Xuntanza Rueda-Sánchez: O BNG fala de "oportunidade perdida" e o PSdeG percibiu "unha postura antigalega"
Xuntanza Rueda-Sánchez: O BNG fala de "oportunidade perdida" e o PSdeG percibiu "unha postura antigalega"
Xuntanza Rueda-Sánchez: O BNG fala de "oportunidade perdida" e o PSdeG percibiu "unha postura antigalega"
Nacionalistas e socialistas din que Rueda acudiu como "delegado" ou "eco" de Núñez Feijóo
Os partidos da oposición en Galicia
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, lamentou a "oportunidade perdida" e o "fracaso" que, ao seu xuízo, supuxeron a reunión entre o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e o xefe do Executivo galego, Alfonso Rueda.
Para Pontón, Rueda antepón "a axenda do PP, marcada desde Madrid" por encima da galega como explica que, exercendo de "delegado" do líder do seu partido, Alberto Núñez Feijóo, rexeitase "algo tan positivo para Galicia como unha quita de débeda".
Isto evidencia que Rueda é, en palabras da portavoz do Bloque, "o presidente máis desleal da historia de Galicia".
O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, lamentou que o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acudise á reunión co titular do Goberno, Pedro Sánchez, a facer de “eco de Alberto Núñez Feijóo” e non “como a voz que Galicia necesita”.
O resumo dos socialistas galegos sobre a reunión entre Sánchez e Rueda é que “peor imposible” para Galicia, xa que o xefe do Executivo galego non quixo falar de “o que Galicia necesita”, segundo Besteiro.
“Rueda actuou como eco de Feijóo no canto de ser a voz que Galicia necesita”, lamentou Besteiro, que percibiu en Rueda unha “postura antigalega”.
O líder do PSdeG, ao igual ca a nacionalista Ana Pontón, criticou especialmente que Rueda rexeite falar de financiamento singular e dunha quita de débeda para Galicia, xa que entende que con esta decisión renuncia a falar de melloras na sanidade pública, de educación, de atención a persoas dependentes ou de reindustrialización.