Yolanda Díaz pide actuar xa para implantar o imposto ás eléctricas
Yolanda Díaz pide actuar xa para implantar o imposto ás eléctricas
A vicepresidenta segunda cre que non se pode implantar a través dos presupostos do Estado
Fogo cruzado entre os socios de Goberno a causa do imposto ás eléctricas. O Ministerio de Facenda propón incluílo nos orzamentos do Estado para o ano que vén. En contra, Yolanda Díaz.
"Sinto dicirlle á miña querida María Jesús que non é posible facelo a través da Lei de orzamentos xerais do Estado", asegurou a vicepresidenta segunda e ministra de Traballo.
Argumento constitucional contra o criterio da ministra de Facenda. Yolanda Díaz pide actuar xa. E repíteo para deixalo claro. "Con todo o agarimo á ministra de Facenda teño que dicirlle que non é posible crear este imposto a través da lei de orzamentos xerais. Nós o que estamos dicindo é actuemos xa", insistiu.
A vicepresidenta terceira, Teresa Ribera, irrompe no debate. E reivindica para Montero a política fiscal.
"Á hora de deseñar o sistema fiscal é obvio que leva o liderado o Ministerio de Facenda. Hai que estar máis pendente do que diga María Jesús Montero do que diga Yolanda Díaz", cre Teresa Ribera, quen pecha filas con Montero e deixa o imposto aos ingresos extra das eléctricas ao que decida Facenda.