Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ziérbena rompe o dominio de Urdaibai en Bilbao

Ziérbena rompe o dominio de Urdaibai en Bilbao

As galegas non tiveron un papel destacado co décimo posto de Cabo e o duodédcimo de Bueu

G24.gal 13/07/2024 20:07

Despois de catro vitorias nas catro primeiras probas da Liga ACT de traiñeiras o equipo de Urdaibai encamiñábase a recoller a quinta consecutiva en Bilbao. Sacáballe dous segundos a Ziérbena a cincocentos metros do final pero o equipo adestrado polo moañés Dani Pérez Fandiño e con seis galegos dentro do cadro titular conseguiu reaccionar e gañou por oito décimas de diferenza. 

Non foi unha boa xornada para Cabo que acabou no décimo posto, aínda que a só seis segundos do sexto clasificado. Cabo cando menos conseguiu meter outro punto cos postos de descenso. Esa última praza segue ocupada por Bueu. 

Arraun arrasa na Liga Feminina

Onde non hai cor e na competición feminina onde Arraun Lagunak non atopa rival. Sumou a quinta vitoria seguida e xa lle saca á segunda clasificada máis dunha regata de diferenza. Cabo foi a penúltima e Tirán a última demostrando que as dúas galegas van ter moitas dificultades para manterse na categoría. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar