Publicador de contidos

A policía tailandesa pide procesar a Daniel Sancho por asasinato con premeditación, castigado con pena de morte

A policía tailandesa pide procesar a Daniel Sancho por asasinato con premeditación, castigado con pena de morte

Os investigadores desmontan a súa versión e traballan coa hipótese de que preparou o crime

G24.gal 09/08/2023 21:00 Última actualización 09/08/2023 21:13

Falta aínda a proba máis importante da investigación, o corpo completo da vítima. Das 15 partes en que Daniel Sancho despezou, presuntamente, o cadáver de Edwin Arrieta, só apareceron sete. Serán determinantes para que os forenses confirmen se houbo un golpe accidental mortal ou indicios dunha pelexa previa, tal e como afirma o acusado.

A policía tailandesa atopa cada vez máis lagoas na súa declaración, e traballa coa hipótese de que foi un crime pensado e programado. Por iso insta o xuíz a que procese a Daniel Sancho por asasinato premeditado e ocultación do cadáver, o que podería implicar unha condena de pena de morte.

A investigación prolongarase durante 80 días máis. Falta aínda por determinar cal foi o móbil do crime. E tamén aquí a policía ten dúdidas. Daniel Sancho declarou que se sentía un refén do seu amigo, co que confirmou que tiña unha relación íntima. Pero o móbil económico cobra forza ao saberse, por boca da irmá da vítima, que Arrieta viaxara de Colombia a Tailandia con 80.000 euros.

Daniel Sancho está en prisión provisional ata que se celebre o xuízo, de momento cumprindo un período obrigatorio de illamento. O director do penal afirma que está tranquilo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade