Claudio Giráldez: "O obxectivo é selar a permanencia"
O adestrador celtista chamou a ver a parte positiva do parón de seleccións
"É moi caro gañar cada partido"
"Polo momento, temos que pensar de abaixo cara arriba"
Claudio Giráldez compareceu na conferencia previa ao partido deste sábado fronte ao Real Valladolid no José Zorilla. O adestrador do Celta amosou as partes positivas para o Celta do vindeiro parón de seleccións: "Permítenos cargar as pilas e gañar tempo de recuperación para Williot e Hugo". Ademais, destacou a importancia de non baixar a garda fronte ao conxunto local, a pesar de ser o colista: "É moi caro gañar cada partido, temos a mostra do noso último partido na casa contra o Leganés".
Por outra banda, o técnico celeste séguelle dando luces longas á posibilidade de achegarse a postos europeos: "Polo momento, temos que pensar de abaixo cara arriba". Neste sentido, deixou claro que "o obxectivo é selar a permanencia".