Terbutalina: "O disco sae dun baixón, pero tamén dun subidón do nivel de guitarras"

Era cabra, o oitavo álbum do grupo, reflicte un período que estivo cargado de concentración, creación e regresión

Con estes oito temas volven disposos "a reconquistar os pogos perdidos, as horas intempestivas e os quilómetros na estrada" 

Terbutalina presenta Era cabra, 8 de decembro na Sala Malatesta de Santiago xunto con Los Chicos

G24.gal 17/11/2023 21:00 Última actualización 15/11/2023 16:37

Os muradáns Terbutalina estrean disco e preséntano en concerto o día 8 na sala Malatesta de Santiago. Era cabra é o seu oitavo disco e din que traen bo produto e sempre fresco. Da frescura, desde logo, non dubidamos nunca con esta banda.  E ademais andan dicindo por aí que este traballo culmina un 'proceso catártico'. Ímoslle pregunar a Migui, Miguel Cernadas e Mon, José Ramón Núñez. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade