Programados máis de 300 voos nos aeroportos galegos esta fin de semana

Máis da metade dos voos con saída e chegada a Galicia nesta fin de semana operan desde o aeroporto de Santiago

O aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro superou en novembro a súa marca anual de pasaxeiros, con máis de 3,2 millóns 

 

G24.gal 09/12/2023 14:52 Última actualización 09/12/2023 17:21

Fin de semana de moita actividade nos aeroportos galegos. Entre o venres e o domingo, hai 310 voos programados nas tres terminais. 

“Imos aproveitar para viaxar a Londres, xa que temos a semana libre no traballo”, di unha pasaxeira.

Máis da metade dos voos desta fin de semana operan no aeroporto Rosalía de Castro de Santiago. Entre os que facturaban esta mañá había, sobre todo, turistas que aproveitaron a ponte para visitar Galicia.

“Aproveitando a ponte, viñemos ver as luces de Vigo, pero tivemos bastante mal tempo, agora volvemos para a calor de Tenerife”.

“Vigo, as luces, algunhas excursións por Galicia”.

“Estivemos en Lugo e fomos a Vigo, percorremos Galicia”.

"Pasámolo moi ben, divertímonos moitísimo, encantounos Santiago, a verdade, e a xente é moi agradable. Ímonos moi contentos de volta para a casa".

“Catro días, desde o martes ata o sábado”.

"Eu vin unha semana, e moi ben".

Os viaxeiros deste último mes do ano seguirán incrementando unhas cifras que xa son históricas no aeroporto de Santiago. No mes de novembro superou o seu rexistro anual de pasaxeiros, con máis de 3 millóns 280 mil. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade