Cargando resultados...
50 anos do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
50 anos do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
O COAG creouse en 1973 por segregación do antigo Colexio de León, Asturias e Galicia
Vai alá xa medio século defendendo o compromiso social co país
G24.gal
04/11/2023 15:30
Última actualización 03/11/2023 21:38
Nos anos 60 os arquitectos galegos comezaron a loitar por ter un colexio propio, que tivese en conta as particularidades do país. Conseguírono en 1973. Dende entón, ademais de solucionar problemas da profesión, asumiron un compromiso con Galicia participando no debate social e reforzando a nosa identidade a través do seu traballo. Vai xa medio século do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.