A Coruña celebra a Semana da Ciencia abrindo de balde tres dos seus museos

A entrada á Domus, á Casa das Ciencias e ao Aquarium Finisterrae é de balde ata o 19 de novembro

É necesario reservar as entradas para visitar o acuario

G24.gal 12/11/2023 08:13 Última actualización 12/11/2023 11:33

A Coruña celebra a Semana da Ciencia con oito días de acceso gratuíto aos tres museos científicos da rede municipal, tres propostas interactivas moi diferentes que comparten o obxectivo de axudarnos a comprender o mundo no que vivimos.

A Casa das Ciencias foi o primeiro museo interactivo público de España. Abriu en 1985 baixo unha premisa que segue plenamente vixente, prohibido non tocar. 

Situada nun antigo palacete é unha caixa de sorpresas para o visitante desde a planta baixa ata a cúpula, onde o emblemático planetario abre as ventás ao universo. Unha década despois inaugurouse a Domus, dedicada integramente ao ser humano.

Estes días, os dous museos completan a capacidade. Tamén o fai o Aquarium Finisterrae, o terceiro vértice da rede de museos científicos coruñeses.

Abriu en 1999 coincidindo co Día Internacional do Medio Ambiente e dende entón desenvolve un intenso traballo de divulgación sobre temas mariños e de educación ambiental. As cifras colócano como o favorito da poboación local e dos visitantes.

O acceso aos tres museos será de balde ata o domingo da semana que vén. Para visitar o Acuario cómpre reservar as entradas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade