A ocupación hoteleira en Galicia acadou o 70 % na ponte de decembro

Vigo e Santiago foron os destinos máis demandados 

O turismo rural chegou a un 50 % da súa ocupación

G24.gal 09/12/2023 14:41 Última actualización 09/12/2023 21:45

O mal tempo non arredou as persoas que se achegaron a Galicia nesta ponte festiva. De media, os establecementos hoteleiros acadaron unha ocupación do 70 %, dez puntos porcentuais por riba do inicialmente agardado, segundo datos do Clúster Turismo de Galicia.

Destacan dous casos concretos, o de Santiago, que se achegan ao 80 % e o xa coñecido caso de Vigo, que acada un 90 % de ocupación hoteleira e que suma ao imán das luces do Nadal a xornada festiva en Portugal. 

O turismo rural, outro dos grandes atractivos de Galicia, superou o 50 % de ocupación nesta ponte e na costa, as vilas que máis visitantes acollen no verán tamén viron reflectido o aumento de reservas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade