A vítima pide para Dani Alves 12 anos de cárcere por agresión sexual

A solicitude de pena de prisión da acusación particular é superior á de Fiscalía

G24.gal 05/12/2023 16:01 Última actualización 05/12/2023 16:04

 A acusación particular exercida pola moza que denunciou ao futbolista Dani Alves, ao que acusa de agredila sexualmente no lavabo dunha discoteca de Barcelona o pasado mes de decembro, solicita para o deportista unha condena de 12 anos de prisión.

A letrada Ester García, que exerce a defensa da vítima, reclamou para o xogador dita pena de fronte ao xuízo que se celebrará na Audiencia de Barcelona contra o deportista, segundo confirmaron a EFE fontes xurídicas.

A solicitude de pena de prisión da acusación particular é superior á de Fiscalía, que xa presentou o seu escrito, no que solicitaba 9 anos de cárcere para Alves.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade