Atopan os corpos sen vida dun pai e o seu fillo na serra de Urbasa, en Navarra

Os corpos foron localizados nunha zona de difícil acceso, no Balcón de Pilatos

G24.gal 07/11/2023 10:17 Última actualización 07/11/2023 14:05

O dispositivo de busca posto en marcha para localizar un pai e o seu fillo de 7 anos, cuxa desaparición se denunciou este luns en Estella, localizou este martes dous corpos sen vida na zona de Urbasa.

Un amplo dispositivo de busca, integrado por Garda Civil, Policía Foral e efectivos de Bombeiros, rastrexaba desde a tarde deste luns a zona tras a denuncia interposta pola nai do menor ante a Garda Civil. Os corpos foron localizados nunha zona de difícil acceso, no Balcón de Pilatos. Foi un helicóptero da Garda Civil o que deu con eles.

A nai, que está separada do pai do neno e que reside en Estella-Lizarra, denunciou este luns a desaparición de ambos. Veciños desta localidade navarra, onde a familia é moi coñecida xa que a nai rexenta un negocio e o pequeno ía á ikastola, manifestaron a EFE que a "conmoción é tremenda" tras coñecer as mortes, cuxas causas están a ser investigadas pola Garda Civil.

Os corpos foron trasladados ao Instituto de Medicina Legal de Pamplona para facerlles a autopsia e coñecer a causa da morte.
Ata coñecelo informe forense non se descarta ningunha hipótese sobre o que puido ocorrer, incluída a violencia vicaria.
A noticia causou unha fonda conmoción na localidade navarra de Estella-Lizarra onde residía o pequeno e a súa nai rexenta un negocio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade