Aumenta o número de cans abandonados en Carballo

"Non hai adopcións. Moi pouquiñas. Se son cachorros aínda vai saíndo algún, pero adultos non sae ningún", aseguran desde a protectora Amigos dos Cans de Carballo

Imaxe do interior da protectora de cans de Carballo este xoves
G24.gal 30/11/2023 14:19

As instalación da protectora Amigos dos Cans de Carballo acollen uns trinta animais que foron abandonados. É unha cifra moi alta para o que adoita atender o persoal voluntario desta asociación privada. Isto é a consecuencia do aumento de casos de individuos que deixan tirada a súa mascota.

E así cualifican a situación actual ao respecto. "Pésima. Pésima. Estamos desbordados; de chamadas, de recollidas de cans, de abandonos", afirma Antonio Rodríguez, voluntario na protectora de Carballo.

Engade que é a consecuencia do temor que teñen moitos propietarios de mascota ante posibles sancións derivadas da entrada en vigor da nova lei e tamén fixo que haxa menos adopcións: "Cambiou moito. Todo foi a partir da Lei de benestar animal. Non hai adopcións. Moi pouquiñas. Se son cachorros aínda vai saíndo algún, pero adultos non sae ningún".

Ao mesmo tempo denuncia que non se procura como debería a implantación do chip identificativo do animal, o que agocha a acción desalmada de deixalos abandonalos.

A pesar da superpoboación do refuxio e de que hai menos adopcións, esta é unhas protectoras que manteñen a negativa a entregar mascotas en adopción polo Nadal.

"Desde o quince de decembro ata que pase Reis non se dan cans; cachorros, sobre todo. Adultos pódenos levar. Pero non o fan, claro. Veñen buscar cachorros", lembra Rodríguez.

Recordan que un animal non é un obxecto como para levar de agasallo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar