Falece un home cando manexaba un tractor agrícola en Cerdedo-Cotobade
Falece un home cando manexaba un tractor agrícola en Cerdedo-Cotobade
A causa máis probable é que o tractorista sufrise unha indisposición, algo que determinará a autopsia
Un home faleceu cando manexaba un tractor agrícola no municipio pontevedrés de Cerdedo-Cotobade, segundo informou o 112 Galicia nas súas redes sociais.
O tractorista estaba a manexar o vehículo agrícola, de pequenas dimensións, cando sufriu o accidente.
Aínda que Emerxencias informou dun accidente, fontes consultadas por EFE explicaron que a causa máis probable é que o tractorista sufrise unha indisposición, algo que determinará a autopsia.
O suceso produciuse en Rebordedo, e o home, duns corenta anos, apareceu á beira do motocultor, que tiña remolque e non estaba envorcado.
O 112 mobilizou a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil e membros de Protección civil de Cerdedo-Cotobade.