Falecen un matrimonio e un neno no incendio da súa vivenda en Murcia
Falecen un matrimonio e un neno no incendio da súa vivenda en Murcia
O motivo da morte puido estar provocado pola falta de osíxeno na casa
Crese que a orixe do incendio puido estar provocada por un fallo eléctrico que desembocou nunha combustión lenta
Un matrimonio e un neno faleceron na tarde deste sábado ao incendiarse a súa vivenda na localidade murciana de Ceutí. O motivo da morte puido estar provocado pola falta de osíxeno na casa pero non por efecto do lume, xa que os corpos non se atopaban calcinados.
Segundo informaron dende o Centro de Coordinación de Emerxencias e tamén dende a Garda Civil, o feito tivo lugar sobre as 14 horas. Os veciños da parella, ao notar que as persianas da vivenda estaban medio derretidas e ao non velos coa frecuencia acostumada, chamaron á porta e tamén contactaron con eles por teléfono. Ao non conseguir localizalos, avisaron á policía.
Ata o lugar desprazáronse os axentes da Policía Local e Garda Civil, así como tamén efectivos de bombeiros. Foi no momento no que accederon ao inmoble cando se atoparon cos corpos sen vida dunha muller, un home e un neno.
Nunha primeira hipótese, sostense que a orixe do lume puido estar provocada por un fallo eléctrico, desembocando nunha combustión lenta. Os veciños dos falecidos sinalan que non os viran dende o xoves e que o neno non ora ao colexio o venres.