Investigan un posible caso de violencia vicaria en Navarra
Investigan un posible caso de violencia vicaria en Navarra
O resultado preliminar da autopsia revela que o pai lanzouse ao baleiro co fillo no colo e que morreron polos golpes na caída
A Garda Civil localizaba a primeiras horas deste martes, na serra navarra de Urbasa, os corpos sen vida do pai e do fillo, de sete anos. A desaparición do neno foi denunciada pola nai tras comprobar que o pai, do que estaba separada, non o deixara o luns no colexio, tal e como acordaran. Os primeiros datos desbotan unha morte accidental, polo que a investigación diríxese cara a un posible caso de violencia vicaria. O suceso causou gran conmoción na localidade de Estella-Lizarra, onde residía o neno coa súa nai e onde a muller rexenta un negocio.
"A verdade é que estamos impactados... é unha familia moi coñecida en Estella, e sobre todo porque hai un neno polo medio", di unha veciña.
"Sabía que estaban separados, pero a relación non sabía se era boa ou era mala, pero non hai dereito...", conta outra veciña.
O Concello de Estella-Lizarra decretou tres días de loito e convocou unha concentración en que participaron numerosos veciños da localidade. Os resultados preliminares da autopsia revelan que o pai lanzouse ao baleiro co fillo en brazos e que morreron a causa dos golpes na caída. Esta primeira análise forense non atopou presenza de tóxicos nos corpos.