O Porriño rexorde no segundo tempo para levar o derbi co Guardés (23-22)
O Porriño rexorde no segundo tempo para levar o derbi co Guardés (23-22)
O equipo do Baixo Miño dominou a primeira metade con ata seis goles de vantaxe
Un parcial de 6-1 ao comezo do segundo tempo meteu as locais no encontro e acabaron levando a vitoria
Nada facía presaxiar ao descanso o que acabou acontecendo no derbi da Liga Guerreras Iberdrola. O Mecalia Guardés chegou a dominar por seis goles nun primeiro tempo pletórico, pero na segunda metade rexurdiu o Conservas Orbe Porriño e conseguiu unha remonta espectacular.
Ben cedo colleron vantaxe as guardesas (4-8), que chegaron a gañar por 8-14 facendo un gran balonmán. Ao descanso o resultado era de 10-15 e o partido tiña clara cor visitante.
Pero no segundo tempo mudou a decoración. Cun parcial de 6-1 conseguiron empatar o partido as porriñesas (16-16) e conforme pasaban os minutos demostraban atoparse mellor. Chegaron a ter unha marxe de tres goles (22-19) e cando reaccionou o equipo visitante foi demasiado tarde (23-22).