O Proxecto Xenoma Galicia botará a andar o próximo ano
O Proxecto Xenoma Galicia botará a andar o próximo ano
O Sergas última a loxística necesaria para recoller as mostras de ADN de 400.000 galegos que van participar no Proxecto Xenoma Galicia
Catrocentos mil galegos recibirán unha invitación para participar de forma voluntaria cunha mostra do seu ADN no Proxecto Xenoma o ano próximo.
"Nos pretendemos inicialo no 2024 . Estamos axustando algúns aspectos da loxística da toma de mostras, que queremos que sexa moi sinxelo e moi informado para que ningún galego, ningunha galega teña dúbidas. Preferimos dar información de máis para que libremente escollan participar", di o conselleiro Julio García Comesaña
O obxectivo deste estudo é poder adiantarse a aparición de enfermidades en persoas que teñen predisposición xenética a padecer determinadas doenzas.
"No caso do colesterol alto de orixe familiar, imos poder detectar que pacientes teñen esa mutación e o máis importante é que vamos poder actuar sobre ela e corrixila. Estamos, polo tanto, falando de evitar infartos non desexados. Pasa tamén no cancro de mamá que hai por exemplo, uns indicadores como son o BRCA1 e o BRAC2. Naquelas pacientes que se identifican podemos adiantar a idade de cribado".
Pero contar cun banco de ADN tan amplo pode permitir tamén detectar patróns específicos na poboación galega.
"Incluso podemos pensar en deseñar fármacos específicos para esa situación e mesmo facelos en Galicia se fora o caso", sinala García Comesaña.