Cargando resultados...
Os condutores botan contas do que pagarán na AP-9 o ano que vén
Os condutores botan contas do que pagarán na AP-9 o ano que vén
Percorrer todo o trazado, dende Ferrol ata Tui, custa hoxe 23,9 euros
G24.gal
03/12/2023 14:59
Última actualización 03/12/2023 16:36
Os condutores botan contas de canto terán que pagar por circular pola AP-9 a partir de xaneiro. Audasa pode facer repercutir nas peaxes unha suba de preto do 5 %, debido á alza do IPC máis o canon acordando co Estado.
Falta saber como se materializarán as novas rebaixas comprometidas polo Goberno e canto deberá pagar finalmente o usuario.
Preto de 61.500 persoas circulan a diario pola AP-9, segundo datos do Ministerio de Transportes. Percorrer todo o seu trazado de punta a punta, os 219 quilómetros dende Ferrol ata Tui, custa hoxe 23,9 euros.