Preto do setenta por cento dos españois utilizan o coche para ir ao traballo

A duración media dos traxectos está nos trinta e seis minutos

G24.gal 22/11/2023 16:57

Os novos sistemas de mobilidade están a cambiar a imaxe das cidades. Bicicletas, patíns eléctricos, autobuses urbanos gañan cada vez máis presenza na rúa, pero aínda non teñen forza dabondo.

Segundo se recolle nun informe recente do observatorio da mobilidade Arval, sete de cada dez enquisados recoñecen que se desprazan ao traballo en vehículo privado, ben sexa unha ou varias veces á semana.

O estudo di tamén que a duración media dos traxectos ao traballo en España está nos 36 minutos, seis por baixo da media europea.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade