Comeza a citación para vacinar a poboación infantil contra a gripe
Comeza a citación para vacinar a poboación infantil contra a gripe
Alertan da cantidade de ingresos hospitalarios por este motivo, similar ao da franxa de maiores de 65
O Sergas comezou convocar as familias de menores de cinco anos para as dúas vindeiras fins de semana
As unidades de pediatría do Servizo Galego de Saúde animan a vacinar a poboación infantil contra a gripe. Alertan da cantidade de ingresos hospitalarios por este motivo, similar ao da franxa de maiores de 65 anos.
A consellería de Sanidade comezou citar as familias de menores de cinco anos para as vindeiras fins de semana: os días 18, 19, 25 e 26 de novembro.
A elección das fins de semana ten por obxectivo facilitar que poidan acudir ao conxunto dos hospitais da rede sanitaria galega.
En función do volume da poboación diana, a primeira fin de semana citarase en todos os hospitais da rede sanitaria pública galega, excepto no caso de Monforte, que será no anexo ao IES Río Cabe.
Os días 25 e 26 de novembro as citas continuarán soamente nas áreas da Coruña-Cee; Vigo; Santiago-Barbanza; e Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.
Menores de 60 con patoloxías de risco
Ademais, a Consellería de Sanidade habilitará o vindeiro xoves, 16 de novembro, o sistema de autocita para que as persoas menores de 60 anos con patoloxías de risco poidan vacinarse nos grandes recintos habilitados contra a gripe e a covid-19.