Cargando resultados...
Morre un home de 90 anos ao caer nun pozo de xurro en Abadín
Morre un home de 90 anos ao caer nun pozo de xurro en Abadín
A investigación está aberta para determinar como faleceu
O pozo de xurro da explotación agrícola está a poucos metros da vivenda do falecido
G24.gal
16/11/2023 16:55
Última actualización 16/11/2023 19:58
A Garda Civil investiga a morte dun home de 91 anos que caeu no pozo de xurro dunha explotación agrícola situada no concello lugués de Abadín. Ao parecer foi a parella do seu fillo quen deu a voz de alarma. Ata o lugar desprazáronse efectivos sanitarios e tamén dos bombeiros de Vilalba, que foron os encargados de rescatar o cadáver.
O pozo de xurro en que perdeu a vida o nonaxenario está situado a poucos metros da casa do falecido, na parroquia de Baroncelle. A investigación continúa aberta e non se descarta ningunha hipótese.