Retómase a busca do home de 90 anos desaparecido en Porqueira

Ramón Carrera está en paradoiro descoñecido desde o venres pasado

G24.gal 18/11/2023 14:05 Última actualización 18/11/2023 14:36

Ás oito da mañá retomouse a busca de Ramón Carrera. Ten 90 anos e é veciño do concello ourensán de Porqueira, na comarca da Limia. A filla falou con el o venres pola mañá pero ás tres da tarde xa o botou en falta a señora que acode á súa casa a facer a limpeza. 

A busca de Ramón e do seu coche prolongouse ata a madrugada e esta mañá reactivouse con máis equipamentos: zódiacs, un dron e non se decarta solicitar a asistencia dun helicóptero da Garda Civil.

"Vaise volver baixar ao río, de día, con claridade e a ver. A única hipótese que temos é que apareceu un resto dunha defensa dun vehículo que poida que sexa o del, pero non temos máis ca iso".

Medio cento de veciños colaboran nos labores de rastrexo, percorrendo os lugares que o señor adoita frecuentar. É unha zona de concentración parcelaria, con moitos quilómetros de pistas e canles de auga.

"A zona pode ser amplísima. Non temos moita idea de por onde empezar a buscar. Esta zona está totalmente peiteada, hai moita xente buscando pero é moi dificultoso. Ninguén o viu saír do lugar. Foi como se de repente o tragase a terra".

"É un veciño que coñezo desde pequena e todo o que sexa axudar, o que sexa. Como el traballou en Lobios e sempre me falaba de alí, que se xubilou en Lobios, tratamos de buscalo por alí. Para min que se descontrolou.

A Garda Civil alertou por esta busca as provincias limítrofes coa de Ourense e a Portugal
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar