Rueda abre as portas de Galicia aos emigrantes galegos en Liechtenstein
Rueda abre as portas de Galicia aos emigrantes galegos en Liechtenstein
Díxolles que teñen as portas de Galicia abertas para volver e que contan con ofertas laborais, axudas ao emprendemento ou bolsas de estudos
O presidente da Xunta Alfonso Rueda díxolles aos emigrantes galegos en Liechtenstein que teñen as portas de Galicia abertas para volver e que contan con ofertas laborais, axudas ao emprendemento ou bolsas de estudos.
O xefe do Goberno galego viaxou alí para inaugurar hai uns minutos o Centro Español que agrupa 170 membros, dos que 160 son galegos.
A ministra de Asuntos Exteriores do principado de Liechtenstein Dominique Hasler acompaña o Presidente Rueda na inauguración do Centro Español Apóstol Santiago.
A Xunta axudou para que a emigración galega dispoña desta sede. Aquí e en Xenebra, o presidente da Xunta subliña o papel dos centros galegos na conservación e difusión da cultura galega, pero sen esquecer por iso as axudas da Estratexia Retorna para aqueles que queiran volver a Galicia.
O presidente continúa viaxe esta tarde a Zürich para verse cunha agrupación da mocidade galega en Suíza e coa Asociación Cultural As Xeitosiñas, fundada hai xa 42 anos.