Sanidade investiga un gromo de lexionelose na Guarda e O Rosal
Sanidade investiga un gromo de lexionelose na Guarda e O Rosal
As autoridades sanitarias tentan determinar a fonte de exposición da bacteria que provoca a doenza
Ambos os dous concellos afectados están informados en cada momento da evolución do gromo
A Dirección Xeral de Saúde Pública investiga un gromo de lexionelose, con nove casos nos concellos da Guarda e O Rosal. Segundo confirmou a consellería de Sanidade, das nove persoas ingresadas, tres recibiron a alta.
Seguindo os protocolos de Saúde Pública, constituíuse un equipo de investigación epidemiolóxico e ambiental do gromo e realizáronse as enquisas pertinentes.
Na investigación ambiental, tomáronse mostras da auga de traída nas zonas onde residen as persoas afectadas e nos domicilios de cinco delas. Polo momento, foron negativas e aínda non se pode determinar a fonte de exposición da bacteria, que se dispersa co aire.
Os concellos da Guarda e O Rosal permanecen informados da situación e dos resultados das medidas tomadas. De feito, estableceuse unha canle de comunicación permanente para o traslado de calquera incidencia ou novidade.