Un dron atrasa a aterraxe dun avión en Vigo
Un dron atrasa a aterraxe dun avión en Vigo
Tivo que intervir a unidade Pegaso da Garda Civil e obrigou a activar o protocolo de seguridade
Non puideron localizar nin o dron nin a persoa que o voaba
A presenza dun dron onte á tarde nas proximidades do aeroporto de Vigo obrigou un avión de Air Europa a estar dando voltas durante case media hora antes de poder aterrar para evitar unha colisión.
"Os avións engalan e aterran a velocidades próximas aos 300 quilómetros por hora. O perigo dun choque cun dron, imaxinemos de dous quilos, que é bastante frecuente, é enorme. A cantidade de enerxía que se libera nese caso é enorme e pode ter consecuencias desastrosas dun accidente aéreo", explica Claudio Guride, xefe de instrución da Escola de Voo do Aeroclub de Santiago
Voar un dron nas inmediacións dun aeroporto está permitido sempre e cando se teñan os permisos pertinentes e se cumpra o regulamento. Pero tamén hai que ter ...
"Un curso de radiofonista para poder utilizar unha radio e estar en contacto coa torre de control e pedir un plan de voo para poder coordinarse coa torre, en que lugar e que momento se vai estar traballando", continúa.
O suceso de onte obrigou a activar o protocolo de seguridade en Peinador. Tivo que actuar a unidade Pegaso da Garda Civil, que finalmente non puido localizar nin o dron nin a persoa que o voaba e que carecía de permisos. As multas por incumprir a lei de seguridade aérea son moi cuantiosas nos casos máis graves.
"Perfectamente de cen mil euros ou máis".
Os pasaxeiros que aterraron en Vigo media hora máis tarde da hora prevista teñen dereito a facer unha reclamación.
"O dereito a reclamar sempre o teremos e ademais ter en conta que unha situación deste tipo nos garante os nosos dereitos asistenciais", apunta Miguel López, secretario xeral de Unión de Consumidores de Galicia.
Cousa distinta é querer pedir unha indemnización.
"Entendemos que nesta circunstancia non se trataría nunha causa de forza maior allea á esfera de control da compañía".