Liberada a nena de catro anos retida polo seu pai no aeroporto de Hamburgo

A terminal estivo pechada durante dezaseis horas

O home foi detido e a rapaza está ilesa

G24.gal 05/11/2023 09:29 Última actualización 05/11/2023 15:22

A liberación dunha nena de 4 anos que fora tomada como refén polo seu pai puxo fin a un drama de 16 horas que tivo lugar no aeroporto de Hamburgo (Alemaña), pechado por completo durante ese tempo. O home, de 35 anos, foi detido e a rapaza está ilesa.

Todo empezou o sábado á noite cando o home entrou na pista co seu coche, logo de romper un portón de seguridade, facer varios disparos ao aire e lanzar algúns cócteles molotov que non produciron danos.

Pouco antes a nai da nena acudira á policía para impedir un posible secuestro da súa filla por parte do pai, no medio dunha disputa pola custodia da menor.

Segundo as forzas de seguridade, durante todo este tempo estiveron en contacto co raptor, co que mantiveron conversas en lingua turca.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade