Un home esgana en Madrid diante dos fillos a muller, que queda en estado grave
Un home esgana en Madrid diante dos fillos a muller, que queda en estado grave
O persoal médico conseguiu reanimala tras entrar en parada cardiorrespiratoria
O agresor, de 42 anos, foi detido logo de alertar os servizos de emerxencia
Novo caso de violencia machista xusto no día internacional para a eliminación desta eiva. Un home de 42 anos tentou matar a súa muller este sábado no distrito madrileño de Puente de Vallecas, en presenza dos dous fillos da parella.
O suposto agresor esganou a muller, de 37, no domicilio familiar e logo alertou os servizos de emerxencia dicindo que acababa de matala. Cando chegaron, estrara en parada cardiorrespiratoria. Tras conseguiren reanimala, foi trasladada ao hospital, onde permanece en estado grave.
Fontes policiais indicaron que o home foi detido e os nenos, que se atopan en bo estado, quedaron a cargo dun familiar.