Un mozo de Zumárraga, en coma despois de recibir unha brutal paliza en Bruxelas

A agresión ocorreu o 1 de novembro á saída do metro, cando volvía de xogar un partido con amigo

As testemuñas falan dunha violencia extrema e din que viron saír de casas e coches unha trintena de persoas que mallaron no mozo guipuscoano ata que o deixaron inconsciente no chan

G24.gal 08/11/2023 14:43

Un mozo guipuscoano de 19 anos está en estado crítico despois de ser atacado brutalmente por unha trintena de persoas en Bruxelas. Soufyane Elimrani, veciño de Zumárraga, debátese entre a vida e a morte na UCI dun hospital de da capital belga, onde vive co seu tío desde hai preto de dous anos.

A agresión acaba de transcender, pero ocorreu o un de novembro á saída do metro de Molenbeek, cando volvía de xogar un partido con amigo.

As testemuñas falan dunha violencia extrema. Contan que viron saír de casas e coches unha trintena de persoas. Que o golpearon con bates de béisbol, obxectos de metal e patinetes. E que o deixaron no chan con varias fracturas na cara e na cabeza. 

A súa familia desprazouse a Bruxelas e non encontra explicación ao ocorrido. Otmane, irmán da vítima destaca o carácter afable do mozo e confirma que "está moi grave e mantéñeno durmido"

A familia é natural de Marrocos e vive en Zumárraga desde hai 14 anos. O alcalde, Mikel Serrano, confirma que é coñecida na localidade e faise eco da conmoción dos veciños: "Primeiro desexar unha recuperación o máis rápido posible. Trasladar a nosa axuda á familia para todo o que necesiten. E a partir de aí poder esclarecer canto antes o que ocorreu".

O Goberno vasco condena o sucedido e pide información sobre a investigación aberta en Bruxelas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade