Un viño galego, protagonista no xantar polo aniversario da princesa Leonor

Chámase As Voltas 2022 e elabórase na Adega Condes de Albarei

G24.gal 02/11/2023 14:00

Despois dun brinde na honra da princesa Leonor, comezaba no Palacio Real o xantar polo seu dezaoito aniversario e a xura da Constitución. Os seus cento cincuenta convidados degustaron tres viños; entre eles, un galego da Denominacion de Orixe Rías Baixas.

Chámase As Voltas 2022 e elabórase na Adega Condes de Albarei. O seu director xeral di que é un importante recoñecemento ao traballo de todos os adegueiros da Denominación. Asegura que estes viños están de moda e pensa que detrás da decisión da Casa Real pode estar o aniversario da adega que cumpre trinta e cinco anos e os premios recibidos nos últimos tempos.

É un viño de calidade que pode mercarse por menos de dez euros, e non é a primeira vez que a Casa Real aposta por un caldo galego, tamén o fixo con motivo da voda dos actuais reis, Filipe e Letizia. As voltas 2022 elabórase con éxito dende hai seis anos, pero a súa presenza neste xantar converteuse nun escaparate para impulsar aínda máis as súas vendas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade