Cargando resultados...
A dimisión de Costa debuxa un horizonte de incerteza en Portugal
A dimisión de Costa debuxa un horizonte de incerteza en Portugal
O país irá a eleccións o 10 de marzo co partido maioritario en plena remuda de líder
A relación do centro dereita do PSE cos radicais de Chega, principal incógnita
Antón Montero
18/11/2023 15:30
Última actualización 17/11/2023 20:22
Dous anos antes do previsto, Portugal encamíñase cara a unhas novas eleccións xerais. A inesperada dimisión de António Costa como primeiro ministro puxo fin abrupto á lexislatura e abocou ao país a un escenario de incerteza.
As sospeitas de corrupción na cúpula do Goberno diminúen as posibilidades de que o Partido Socialista reedite a súa actual maioría absoluta.