As familias das vítimas do Pitanxo queren lembralos cunha placa no Canadá
As familias das vítimas do Pitanxo queren lembralos cunha placa no Canadá
O delegado do Goberno en Galicia comprometeuse a colaborar con esta petició
Á espera do informe pericial das imaxes tomadas na baixada ao pecio, as dilixencias continúan
As familias das vítimas do Villa de Pitanxo mantiveron a súa primeira xuntanza co delegado do Goberno en Galicia. Sobre a mesa, o aniversario do naufraxio e as accións para lembrar os vinte e un falecidos. Queren instalar unha placa no Canadá en memoria dos falecidos polo segundo aniversario da súa morte en febreiro. O delegado comprometeu todo o seu apoio para realizar as xestións necesarias.
Á espera do informe pericial das imaxes tomadas na baixada ao pecio, as dilixencias continúan. O próximo luns están citados a declarar os armadores do Pitanxo e os familiares dos mariñeiros teñen toda a súa esperanza posta na xustiza para que se esclarezan os feitos. As comparecencias responden á querela presentada polas familias dos falecidos que admitiu a trámite a Audiencia Nacional. Está previsto que tamén presten declaración tres mariñeiros que noutras mareas traballaran co patrón do Pitanxo.