As primeiras centolas da tempada triunfan nos mercados galegos

En Pontevedra atopámolas desde os 16 euros o quilo ata os 27 

G24.gal 11/11/2023 13:41 Última actualización 11/11/2023 14:10

É a primeira fin de semana tras a chegada da primeira centola galega ás prazas de abastos. A clientela búscaa nos postos.

En Pontevedra atopámola desde os 16 aos 27 euros o quilo dependendo do seu tamaño ou de se son femias, que son máis caras.

Moita xente está a apañalas para conxelar, coa vista posta nas festas do Nadal, cando os prezos son aínda máis prohibitivos.

Envolvela nun pano húmido da cocción para conxelala e desconxelala mellor na neveira é un consello que lembramos doutros anos e que cada quen aplica segundo a súa experiencia.

Agora, xurde un novo debate: cocela sen loureiro ou con loureiro en fresco? 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos