Atopan o cadáver dunha muller nun narcopiso do barrio compostelán das Fontiñas
Atopan o cadáver dunha muller nun narcopiso do barrio compostelán das Fontiñas
A Policía Xudicial está investigando o caso para concluir a causa e o momento da morte
O cadáver dunha muller de 36 anos foi localizado pola Policía Nacional na tarde noite deste mércores, nun suposto narcopiso do barrio das Fontiñas, en Santiago.
A falecida e inquilina do piso tiña 36 anos. Foi achada despois de que os veciños alertaran do forte cheiro que desde había días saía da vivenda. "Chamaron á porta e non contestaban", conta un veciño. "Ao abrir, atoparon á pobre rapaza morta", engade.
Os veciños queixábanse dos ruídos, do continuo ir e vir de xente e do lixo e os danos que deixaban nas zonas comúns. Chegaron a contratar seguridade privada para controlar os accesos ao edificio, e afirman que a situación se calmara. Facía semanas que non sintían movemento no piso.
O caso está en mans da Policía Xudicial e á espera do resultado da autopsia, que determinará a causa e o momento do falecemento da muller.