Bolaños explica este xoves en Bruxelas a postura do Goberno sobre a lei de amnistía
Bolaños explica este xoves en Bruxelas a postura do Goberno sobre a lei de amnistía
A Comisión Europea evitou de momento pronunciarse sobre a norma
O ministro da Presidencia viaxa á capital comunitaria para dar a coñecer á Comisión Europea a posición do Executivo español sobre a lei de amnistía.
Félix Bolaños reunirase en primeiro lugar coa vicepresidenta do Goberno comunitario para Valores e Transparencia Beira Jourová e despois co comisario de Xustiza Didier Reynders, tras o cal comparecerá ante os medios de comunicación.
Os encontros deste mércores foron solicitados polo propio ministro, despois de que o comisario Reynders pedise por carta detalles adicionais sobre o alcance persoal, material e temporal da lei de amnistía.
A Comisión Europea evitou de momento pronunciarse sobre a norma e asegurou que non o fará ata que o Congreso aprobe a versión definitiva do proxecto de lei, suxeito aínda a emendas durante o debate parlamentario.
"Estou contento de que puidésemos empezar un verdadeiro diálogo coas autoridades españolas e co Goberno español", asegurou este mércores o comisario de Xustiza Didier Reynders, dado que o seu obxectivo é preguntar unha serie de cuestións e ver en que puntos poden recibir mais informacións.
Nas últimas semanas, a Comisión recibiu peticións do Partido Popular, de Vox e de Ciudadanos para que se opoña á amnistía xa que consideran que vulnera o Estado de dereito, a separación de poderes e a igualdade dos españois.