Cortadas dúas estradas en Lugo tras afundirse o firme pola chuvia

Trátanse das estradas provinciais LU-P-5303 e a LU-P-161

Sinalización nunha das estradas cortadas Sinalización nunha das estradas cortadas
G24.gal 09/11/2023 10:12 Última actualización 09/11/2023 12:19

O mércores pola tarde, a estrada provincial de San Clodio ao límite provincial por Torbeo (municipio de Ribas de Sil) sufriu un afundimento do seu firme. Debido a isto, aínda permanece cortada. Segundo informa a Deputación de Lugo, a zona afectada sitúase no quilómetro 5 da estrada. 

A isto súmaselle o mesmo acontecemento noutra estrada provincial, a LU-P-161, no quilómetro 12, en San Pedro de Cerceda (O Corgo) 

Xa están habilitados desvíos alternativos "debidamente sinalizados", á espera de que rematen os labores de reparación.

O incidente produciuse como consecuencia da incesante chuvia á que leva enfrontándose a comunidade dende hai semanas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade