En Mougás combaten unha praga de moscas a golpe de soprete
En Mougás combaten unha praga de moscas a golpe de soprete
Chegaron a matar nunha hora 260 destes insectos aos que os insecticidas non mata, senón que os adormece
Dende hai unha semana unha famlia de Mougás, en Oia, vive rodeada de centos de moscas e a situación para eles comeza a ser insoportable. Explican que estes insectos están por todas partes nas saídas de gases, no garaxe, no invernadoiro e que non poden abrir as portas e as ventás.
No poden comer nin durmir con normalidade. A praga afecta o desenvolvemento da súa vida cotiá. Probaron diferentes métodos para eliminalas. O máis eficaz, combatelas cun soprete porque os insecticidas non son eficaces. Adorméceas pero non as mata.
O propietario da vivenda afectada di que conseguiu matar 260 moscas nunha hora. A Luís non lle falta bo humor, pero confesa que a situación é xa desesperante para eles.
Confían en que a praga remate coa baixada de temperaturas e a chuvia. Porén, polo de agora parece que a estes insectos non lles importa adaptarse e seguen na súa casa.