Entrega de chaves de tres casas protexidas en Sober
Entrega de chaves de tres casas protexidas en Sober
A Consellería de Vivenda anuncia que triplica o investimento en construción de vivenda pública en 2024, cun total de 32 millóns de euros
Tres familias esperaban esta mañá a chegada da conselleira a Sober. Ángeles Vázquez foi a encargada de entregar as vivendas protexidas aos adxudicatarios e anunciou o incremento orzamentario para 2024.
"Tenderlles a man aos concellos e cando hai demanda de vivenda o que facemos é estar ao seu carón. De feito de cara ao próximo ano, 2024, incrementamos nun 26 % este orzamento este orzamento, chegando a máis de 177 millóns de euros en políticas de vivenda", anunciou Vázquez.
Con estes cartos construiranse máis de 1.700 vivendas, principalmente nas cidades.
A vicepresidenta segunda e conselleira de Vivenda anunciou axudas de ata 30.000 euros para restaurar vivendas e edificios residenciais na área de rehabilitación integral da Ribeira Sacra.
No caso das tres casas unifamiliares de Sober investíronse 438.000 euros. Teñen clasificación enerxética A, conseguida grazas ao illamento, ao chan radiante e bomba de calor. O técnico valorou a construción mixta, a parte de abaixo feita in situ e a de arriba, modular. Das tres vivendas, dúas adxudicáronse en réxime de alugueiro.